Arranca un novo proxecto de atletismo no Concello de Ames un club de atletismo de base que nace co propósito de ensinar tódalas disciplinas do atletismo dun modo divertido e formando en valores coma o esforzo, a constancia e o compañerismo, tan presentes neste gran deporte.
As categorías están abertas dende o 2014 tendo como obxetivo que @s nen@s descubran e adestren dende salto de lonxitude a lanzamento de martelo, pasando polas carreiras de fondo, a xavalina, o salto de altura...en definitiva que proben todo tipo de probas dentro do atletismo.
Durante este mes de setembro teremos xornadas de portas abertas os luns, mércores e venres ás 18:00 nas instalacións de Biduido (na parte traseira do ceip de Ventín).
Animádevos a probar sen ningún tipo de compromiso, só o de disfrutar.
Para máis información podedes contactar co club no correo amesatletismo@gmail.com. E se estades interesad@s en formar parte do club podedes cubrir o formulario de preinscripción que atoparedes nesta páxina no apartado INSCRIPCIONS.
Kommentare